Guéliz

Guéliz é unha das zonas modernas de Marrakech, construida polos franceses tras a ocupación da cidade no 1912. Conta con dúas grandes avenidas, a Mohamed V e a Mohamed VI e é a zona onde viven a maioría dos residentes estranxeiros de Marrakech.

En Guéliz, podemos atopar lugares para entreterse e relaxarse moi europeizados pero cun toque marroquí, desde xardíns como o Majorelle, a boutiques de moda, e pasando por restaurantes e cafeterías que poderían estar en calquera das cidades que habitualmente coñecemos (mesmo hai un McDonalds).

O centro correspóndese coa praza do 16 de Novembro, onde se sitúa o mercado central e onde podemos atopar, ademais de tendas de deseñadores de moda marroquís, outras máis comúns para nós como Mango ou Stradivarius.

OCIO E VIDA NOCTURNA

A cidade nova é, sobre todo, un lugar para atopar entretemento adaptado ao siglo actual.

Se ben hai algún restaurante ou bar na Medina no que podes atopar alcol (cómpre recordar que o consumo de alcol está prohibido por lei para os musulmáns), en Guéliz, isto resulta moito máis doado, co cal, para moitos turistas, resulta un lugar idóneo para saír e divertirse.

Ademais, esta zona da cidade conta con casinos, discotecas e locais onde podemos disfrutar da danza do ventre, entre outros.

 

 

Deja un comentario