Palacio Badi

O Palacio Badi foi construido no século XVI polo sultán Ahmed al-Mansur para conmemorar a súa victoria sobre os portugueses na Batalla dos Tres Reis.

Actualmente, o palacio atópase totalmente en ruinas, pero na súa forma orixinal contaba con adornos de mármore, ónice e ouro e tiña máis de 300 habitacións. O seu enorme patio, é o que, a día de hoxe, nos da a idea do esplendor que tivo que ter a edificación no pasado e conta, tamén, cun estanque rodeado de pequenas zonas de xardín, onde é habitual ver locais rezando.

No exterior do recinto do palacio, hai un túnel, en cuxas paredes se exponen fotografías e que desemboca nun patio máis pequeno, desde o cal podemos subir ao principal.

No seu interior, podemos visitar un museo con restos do palacio e un minbar (púlpito) procedente da Koutoubia, levado alí para que o palacio tivese un maior interés para o turista e que foi elaborado por artesáns en Córdoba no siglo XII. Tamén hai unha sala completamente vacía, posta para que os visitantes poidan pintar un recordo nas súas paredes.

Ademais, o edificio conta cunha torre desde onde podemos ver o recinto completo, os preciosos tellados de Marrakech e os numerosos nidos de cegoñas que se instalaron no edificio.

 

CONSELLOS

vídeo do palacio

Deja un comentario