Tumbas Saadíes

As tumbas Saadíes son un dos lugares máis visitados de Marrakech e soen estar repletos de turistas. Datan de finales do século XVI e están localizadas nun recinto pechado ao que se accede a través dun pequeno corredor.

Foron redescubertas en 1917 e abertas ao público, pois a súa entrada fora tapiada no século XVII.

Contan con dous mausoleos, o máis famoso é o chamado «Sala das Doce Columnas«, que están feitas de mármore e que contén a tumba de Ahmad al-Mansur e a súa familia. O segundo mausoleo tamén contén parte da familia do sultán, en concreto a tumba de súa nai e, como engadido, consta de dúas salas aos laterais.

Nos seus xardíns, atópanse máis de 100 tumbas decoradas con mosaicos, que son de serventes e guerreiros da dinastía saadí.

Nas tumbas Saadíes hai que pagar entrada.

Deja un comentario