A Mellah: barrio xudeu

A Mellah é o antigo barrio xudeu de Marrakech, situado moi preto do Palacio Real. Foi onde se instalaron os xudeus cando foron expulsados de España no século XVI.

Os mellah, en xeral, son vencindarios xudeus que podemos atopar por todo Marrocos. Soen estar pechados cunha muralla, nos seus inicios para separarse do exterior árabe, aínda que, actualmente, quedan moi poucos xudeus vivindo alí, pois moitos deles están instalados en Guéliz (zona nova da cidade) e só se achegan ao barrio para os servizos relixiosos.

Nestes tempos, quedan moi poucas sinagogas na mellah de Marrakech, e é fácil perderse intentado atopar algunha, pero recomendable visitalas.

Tamén destaca o mercado da zona, cunha actividade ata maior que a dos zocos, e está orientado sobre todo á poboación local e non ao turismo, polo que, ás veces, podes conseguir alí mellores prezos. No mercado, podemos atopar desde especias ou produtos para o coidado personal ata xoias, sendo os xudeus os mellores xoieiros da cidade.

Por último, hai que destacar o cemiterio xudeu, que, se ben hai que pagar por entrar (non se sabe moi ben como de reglado está iso), é interesante velo, sobre todo porque vives as costumes de primeira man, e é que, se eres home, debes entrar coa gorra tradicional xudía, o kipá, que o encargado do lugar che proporciona e, ao saír, independentemente do sexo, debes lavar as mans na pequena fonte coa que conta o cemiterio.

Deja un comentario